Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.
A Asociación celebrou a súa Asemblea anual ordinaria o 25 de novembro cos habituais puntos da Orde do Día, referidos neste caso ó exercicio 1/10/2022 - 30/9/2023: aprobación da acta da reunión anterior, o estado de contas e orzamento para o exercicio 2023-2024, a memoria de actividades, as altas e baixas de socios e o informe da dirección do Museo.
A continuación tivo lugar unha Asemblea extraordinaria para a renovación da Xunta Directiva, que agora queda presidida por Ánxeles López Carballo, sendo o resto dos cargos os que figuran no apartado correspondente deste sitio web.