Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Os Amigos

A Asociación de Amigos do Museo y Castro de Viladonga

En febreiro de 1989, cando o Museo levaba aberto ao público algo máis de dous anos, un grupo de persoas vinculadas á cultura e ao traballo en patrimonio cultural lucense e galego promoveron a Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, que se constituíu naquela data con 25 socios fundadores. Moi logo, a Asociación desenvolveu un traballo moi positivo para o Museo e o Castro anexo, tanto na súa promoción e difusión como no apoio en todo tipo de actividades, adquisicións bibliográficas (xa que de bens patrimoniais non ten maior sentido neste Museo), etc.

Ademais de organizar viaxes e outras actividades culturais, entre as que se pode destacar a colaboración nas celebracións asociadas ao o Día Internacional dos Museos ou a realización de reproducións e réplicas de pezas do Castro e outros produtos culturais que serven de promoción deste conxunto patrimonial, fitos claves na historia da Asociación foron en 1991 o inicio da edición do Boletín CROA e a saída en internet dun completo sitio web en 1997.

Perto de douscentos socios sosteñen hoxe a Asociación e avalan o seu traballo de colaboración permanente co Museo e, por extensión, no coidado e divulgación do patrimonio cultural.