Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2019

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, para o sábado 30 de novembro de 2019, ás 11’30 h. en 1ª convocatoria e ás 12 h. en 2ª e definitiva, na Sala de Actos do Museo, coa seguinte Orde do día:
1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.
2.- Estado de contas da Asociación e peche do exercicio desde o 1-10-2018 a 30-9-2019.
3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para o mesmo período de 2019 a 2020.
4.- Memoria de actividades da Asociación no último ano.
5.- Altas e baixas na Asociación.
6.- Informe da dirección do Museo.
7.- Comunicados, rogos e preguntas.

A continuación da Asemblea Ordinaria celebrarase ás 13 h. do mesmo día 30 de Novembro de 2019 unha Asemblea Xeral Extraordinaria, co único punto da renovación dos cargos que corresponde segundo os Estatutos: Presidencia (actualmente Felipe Arias Vilas), Secretaría (Lidia López López) e Vogalía 1º (Manuel Cuba Rodríguez), así como Tesourería (por renuncia de Mª Luísa Fernández Bal).

Ata o mesmo día da Asemblea poderán presentarse candidaturas individuais ou conxuntas para os cargos a renovar

Posteriormente celebrarase o habitual xantar en común. As persoas interesadas en participar deberán comunicalo antes das 19 h. do luns 25 de novembro no teléfono 982 870 160 ou ben no correo electrónico info@amigosviladonga.gal