Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Viaxes culturais

O 18 de febreiro de 2018, en colaboración co Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo, a Asociación realizou unha viaxe a Ourense para ver a exposición In tempore Sueborum organizada pola Deputación ourensá. Ademais de gozar das pezas expostas (algunhas delas do Castro de Viladonga) e de toda a información referente a esta importante etapa da historia galega, aproveitouse a viaxe para visitar o singular conxunto das Burgas e o casco histórico da cidade, así coma o castro e vila romana (e a súa atractiva paraxe natural) de Santomé.