Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 2012

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 2012

O vindeiro 1 de decembro, sábado, celebraráse a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociacion correspondente ó ano 2012, ás 11’30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda e definitiva, coa seguinte Orde do Día:

1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.

2.- Estado de contas e peche do exercicio económico 2011-2012.

3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para 2013.

4.- Proposta - aberta - de actividades para 2013.

5.- Presentación e distribución entre os presentes do nº 22 da revista CROA.

6.- Comunicados, rogos e preguntas.

Ó rematar haberá o habitual xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo antes das 19 horas do luns 26 de novembro nos teléfonos 982 314 255 / 982 314 194, ou polo correo electrónico amigos@aaviladonga.es.