XXV ANIVERSARIO DO MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA
O sábado 15 de outubro de 2011 celebrouse o XXV Aniversario da apertura ó público do Museo do Castro de Viladonga, coa asistencia dunhas 90 persoas entre traballadores actuais e outros que, ó longo destes 25 anos, con distintas modalidades de contratos e bolsas traballaron nel, así como numerosos socios da Asociación de Amigos do Museo.
Presentouse un audiovisual no que se resume a evolución do Museo neste último cuarto de século e, a continuación realizouse unha visita comentada ó Museo e ó Castro. Posteriormente celebrouse un xantar de confraternidade no Gran Hotel Lugo.
Pódese ver a repercusión desta celebración na prensa nas seguintes ligazóns:
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/10/15/0003_201110M15C129910.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/10/16/0003_201110M16C10991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://elprogreso.galiciae.com/nova/121928.html