Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Publicacións

Introdución

Unha das funcións principais dos museos e, tamén, das súas asociacións de amigos, é a elaboración de materiais que recollan e difundan os traballos de conservación, investigación e documentación que realizan acotío, por medio de publicacións de moi diverso tipo, obxectivo e alcance.

A revista CROA, promovida en 1991 pola Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, iniciou a súa andaina como un Boletín de comunicación fundamentalmente pero non só, interna entre asociados, pero converteuse deseguido e co paso dos anos nun verdadeiro órgano de difusión cultural e de expresión científica tamén do Museo, no sentido máis amplo en canto a colaboradores e asuntos tratados, publicando temas de historia, arqueoloxía, etnografía e antropoloxía, patrimonio cultural e museoloxía, etc., maiormente de ámbito chairego e lucense. Hoxe, este Boletín intercámbiase con máis de duascentas publicacións doutras tantas entidades e asociacións científicas e culturais.

Ademais, o Museo vén editando, desde 1987, unha serie de publicacións eventuais que comprenden guías do Museo, trípticos e folletos de man de exposicións, catálogos de seccións temáticas, e materiais moi diversos de difusión e divulgación para chegar a toda a sociedade.

 Revista CROA