Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

DÍA E NOITE DOS MUSEOS 2021

DÍA E NOITE DOS MUSEOS 2021

Para conmemorar o Día Internbacional dos Museos 2021, o do Castro de Viladonga presenta o martes 18 de maioa actuación do músico Germán Díaz, gravada no propio xacemento. O concerto, baseado na tradición musícal ibérica, realizarase con instrumentos accionados por manivela como a zanfoña ou por aparellos mecánicos como a caixa de música programable.

Para celebrar a Noite dos Museos, a partir do sábado 15 de maio difundirase polas redes sociais o vídeo Cousas que facemos xuntos, cunha recompilación breve de imaxes de actividades realizadas nestes anos.