Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

Asemblea 2020

A causa da actual situación sanitaria e con carácter excepcional, a Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga decidiu celebrar "a distancia" a Asemblea Xeral Ordinaria deste ano 2020 por medio do envío, por correo electrónico ou postal segundo os casos, da documentación pertinente, asó como dun Formulario para emitir o voto nos asuntos que así o requiran, xuntando no envío a Orde do día acompañada da información e documentación oportuna sobre os diferentes asuntos a tratar.

Unha vez que os /as socios/as reciban o correo electrónico ou postal, poderase facer calquera comentario ou solicitar calquera aclaración antes do día 25 de novembro a info@amigosviladonga.gal. No mesmo correo  ou por calquera medio de comunicación coa Asociación, ata o mesmo sñabado 28 de nove,bro recibirase o Formulario cos votos emitidos nos asuntos contidos na Orde do día. En caso de non recibir ningún tipo de voto (Si / Non / Abstención), entenderase que o/a socio/a non asiste á Asemblea.

A Asociación agradece, sempre, a particpación e colaboración dos seus membros.