Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

Día e Noite dos Museos 2020

Día e Noite dos Museos 2020

Neste ano 2020 que o ICOM escolleu como lema do Día Internacional dos Museos "Os museos pola igualdade, a diversidade e a inclusión", a pandemia do Covid-19 provocou que as habituais actividades e celebracións se transpasaran ás redes do mundo dixital e/ou, no mellor dos casos, se pospoñan para o outono.

A acostumada e moi celebrada Noite dos Museos que o Museo do Castro de Viladonga, coa colaboración indispensable da Asociación de Amigos, non terá, pois, lugar en maio, polo menos fisicamente, pero ambas as dúas entidades, Museo e Asociación, subscriben loxicamente e con todas as consecuencias o lema proposto polo ICOM e esperan que toda a sociedade siga tendo en conta a importancia do noso patrimonio cultural e a necesiadade do seu estudo e conservación e do seu uso responsable e inclusivo.

(A fotografía corresponde á celebración da Noite dos Museos en 2013)  

N.B.- A situación actual marcada pola dita pandemia e que obligó a suspender os habituais actos da Noite dos Museos levou tamén á Asociación a renunciar á subvención anual que concede o Concello de Castro de Rei, solicitándolle a este que aplicara a gastos sociais, seguramente moi necesarios, a cantidade da subvención correspondente do presente ano 2020.