Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2018

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, para o sábado 24 de novembro de 2018, ás 11’30 h. en 1ª convocatoria e 12 h. en 2ª e definitiva, na Sala de Actos do Museo, coa seguinte Orde do día:

1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.
2.- Estado de contas da Asociación e peche do exercicio económico desde o 1-10-2017 a 30-9-2018.
3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para o mesmo período de 2018 a 2019.
4.- Memoria de actividades da Asociación no último ano.
5.- Altas e baixas na Asociación.
6.- Informe da dirección do Museo.
7.- Proposta –aberta- de actividades para 2019.
8.- Comunicados, rogos e preguntas.

 Ó rematar a asemblea e se o tempo o permite, terá lugar unha visita ós últimos traballos que se están realizando no Castro. Posteriormente celebrarase o habitual xantar de irmandade.